Curso de Diplomado en Saúde Pública 2027

A Dirección Xeral de Saúde Pública convoca a realización do curso de Diplomado en Saúde Pública, edición 2027, a través da Escola Galega de Saúde Pública e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, acreditado pola Escola Nacional de Sanidade.

O obxectivo deste curso é proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da Saúde Pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde.

O curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas en 200 teóricas e 75 prácticas dedicadas á elaboración dun traballo sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional e da contorna dos participantes, que se defenderá ante un tribunal ao final do curso (30 ECTS).

Calendario:

Parte teórica: do 25 de xaneiro ao 19 de xuño de 2027.

Presentación do traballo final: 18 e/ou 19 de outubro de 2027.

Metodoloxía docente: as horas de contido teórico, así como as probas de avaliación de coñecementos, realizaranse na modalidade de teleformación. A defensa do traballo final será presencial, na sede da ACIS en Santiago de Compostela.

Oferta de prazas: 50 prazas.

O prezo de matrícula: 800 euros.

As solicitudes deberán dirixirse á caixa de correo electrónico: escola.saude.publica@sergas.es, atendendo ás bases establecidas na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2026. O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de decembro de 2026.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261111/AnuncioC3K1-061126-0001_gl.html

Pode acceder á páxina do curso na web da Escola Galega de Saúde Pública:
https://escolasaudepublica.sergas.gal/gl/escola/diplomado-en-saude-publica

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio